12 e 13 de outubro-Centenario da igrexa neogótica de Sabucedo dos Montes

Este próximo fin de semana, Sabucedo dous Montes, dentro do marco das festas do Pilar, celebra o centenario da bendición da súa igrexa neogótica.

Ademais da tradicional festa popular, levarán a cabo diferentes actos conmemorativos, destacando a intervención, o venres día 12, do profesor e doutor en Arte, Xabier Limia de Gardón, cuxa intervención será tras a misa cantada pola coral do Liceo de Ourense.

Ao día seguinte, ás 12:00 hs. o bispo de Ourense, Leonardo Lemos Montanet, presidirá unha misa solemne.

Pola tarde, haberá unha merenda-cea e actuación musical.

Como chegar