Torre do Olivar

No corazón do Ribeiro e rodeados de viñedos desta gran denominación de orixe atópase os restos da Torre de Puga. Localízase no lugar de Oliveiral moi preto dos restos dun pazo vinculado á mesma familia da torre, os Puga.

Non é difícil pensar na elección deste emprazamento para unha torre ou fortaleza dos séculos XV ou XVI xa que desde os seus 180 metros de altura divisábase parte do val do Miño,  e a entrada ao val do Barbantiño, xusto dous das rutas que conectaban Ourense coa costa e co norte da provincia. Ademais a súa situación próxima ao país veciño convertíao nunha atalaia de interese excepcional. Sabemos que o castelo pertenceu durante os séculos XV e XVI ao cabaleiro D. Gonzalo de Puga, enterrado na igrexa de San Francisco de Ourense.

Como chegar

torre do olivar