Festas populares, feiras e romarías

 

DENOMINACIÓN LUGAR DATAS DESCRICIÓN
O Forrollo Villar de Vacas Luns de Pascua Misa e verbena
San Antonio A Lagoa 17 de xaneiro Misa e verbena
San Antonio Muntián 17 de xaneiro Misa e procesión
A Virxe das Marabillas As Marabillas Luns de Pentecostés Misa solemne, procesión e verbena
San Xosé Nogueiró 19 Marzo Misa e festa popular
San Benito Santabaia de Anfeoz 21 Marzo Misa e festa ó aire libre
San Benito Cartelle 21 Marzo Misa solemne, procesión e verbena
Romaría Dos Calvarios Santabia- Os Calvarios Último domingo Maio Misa e procesión
San Xoán Seixadas 24 xuño Misa e procesión
San Pedro Gueral, San Pedro, Sabucedo 29 xuño Misa e procesión
Santiago Freixoso 25 de xullo Misa e procesión
San Lorenzo Baldariz 10 Agosto Misa e festa popular
Nosa Sra. Do Mundil Outomuro 22 Agosto Misa solemne, procesión e verbena
San Bartolomeo O  Santo-Villar de Vacas 24 Agosto Misa, comida o lado do río
San Roque e San Vitorio A Seara  27 Agosto Misa solemne e festa ó aire libre
San Ramón Soutelo 31 Agosto Misa e verbena popular
Virxe dos Aflixidos Sande-Parbón  8 Setembro Misa, procesión e verbena
San Miguel Espiñoso 29 Setembro Misa e festa popular
Virxe do Pilar Sabucedo de Montes 12 Outubro Misa, procesión e verbena
Santa Lucía Teixugueiras 13 Decembro Misa e festa ó aire libre
Santo Tomás Santo Tomé 21 Decembro Misa solemne, procesión e verbena

 

Pola súa antigüidade, tradición, ou repercusión destacamos as seguintes:

Romaría das Marabillas

Romaría que celebra o seu día grande o luns de Pentecostés na honra da Virxe María, con procesións, singulares adornos florais como “ramos” artificiais con bolas, cintas, comida campestre, actuacións musicais, etc.

O día propio é o luns de Pentecostés.

 

Romaría do Santo

Romaría que celebra no paraxe denominado “O Santo” preto de Vilar de Vacas, na honra do San Bartolomé. Este paraxe forma parte final dunha ruta que dende o o espacio natural do Parque Fluvial de A Pontenova, situado na marxe dereita do río Arnoia, no linde do concello con Ramirás, decorre entre unha abundante vexetación autóctona con exemplares centenarios de  carballos, freixos, solveiras, loureiros, etc., así mesmo está salpicada de restos de antigos muíños e canizos. Ao final do camiño, pódese admirar os restos dun antigo asentamento castrexo, distinguíndose partes da muralla e das bases das casas, sobre o que actualmente se sitúa a Capela do San Barlomomé.

Día de celebración o 24 de agosto, trasladándose ao fin de semana máis próximo.

Festa do Cabalo

na localidade de Nogueiró no mes de maio ou xuño Actividades relacionadas co mundo do cabalo . Comida popular.  http://www.omundil.com (dende o ano 1998)

FEIRA DE CARTELLE

Días 4 e 18 de cada mes.

Está presente na memoria histórica dos nosos paisanos, que dende sempre se erguían moi cedo para vir á Feira. Á primeira hora da mañá chegaban a pe, algúns no coche de linea, con productos da terra segundo a época, con gando… A mañá era de actividade frenética, de compras e vendas onde o prezo final nunca era o prezo inicial, onde se vendía para poder mercar, onde os paisanos loitaban cos tratantes profesionais… Ó medio día toda esa actividade remataba nun bo xantar para coller folgos e volver para a casa, cargados outra vez coas compras feitas.

Hoxe en día a actividade  do mercado é moito menor pasando a ser a gastronomía a parte esencial da Feira. Dende a primeira hora as caldeiras do polbo fumegan e os comerciantes montan os seus postos. A Feira converteuse nun día de encontro e tranquila conversa, un día de culto profano ó rico polbo e os nosos pratos  (callos, cocido, carne arreglada, bacallao…)  que se poden degustar nas tabernas da localidade, acompañados dun bo viño da terra; e ó final, a especialidade típica: unha copiña de herbas ou de licor café.

No mercado tamén se poden adquirir os máis variados productos da zona: pitas, fabas, allos, mel, artesanía, etc.